venres, 13 de outubro de 2017

Multiplicar con raias e puntos





Proba a facelo con estes números para practicar a primeira parte do vídeo:

12 x 31
21 x 15
24 x 11
42 x 11
33 x 12
13 x 22
15 x 11
12 x 32

xoves, 4 de maio de 2017

Cocorico. Fonemas, palabras e receitas






Lemos o conto varias veces. Dramatizámolo, xogamos,...sen usar o vídeo nin a canción, de modo a traballar só a nivel de:
-escoita activa (formulanco e verificando hipóteses, comparando texto e ilustración, ...)
-discurso narrativo (presentación da situación, anticipación do conflito, conflilto, emoción da espera do desenlace, e final)
-aprendizaxe por repetición de estruturas sintácticas...
-aprendizaxe por imitación de modulación de voz (asustado, enfadada,...)

A posteriori do goce do conto en si mesmo podemos usalo para:

1- traballar os fonemas /t/ e /k/ repetindo varias veces máis que as que pon o texto orixinal a frase de Cocorico de "pico ti, pico ta, pico ti, pico ta, hai que rico está!"

2- Aprender e practicar palabras ou expresións en galego. Prepara iconos pactados co alumnado que representen as seguintes accións: miañar, apañar paus, prender o forno, peneirar fariña, sentir unha voz, tremer de medo, espirrar, anacos, esmagallar. Xogar a que un neno ou nena colle ao chou un icono, di a palabra ou expresión que representa e os demais teñen que adiviñar e explicar en galego a que personaxe se lle adxudicaba esa acción no conto.

3-Practicar a colocación enclítica dos pronomes (mamá galiña enfadouse, mamá galiña consolouno, gato pelado dixo "vouno papar", mamá galiña tapoulle o pico, mamá galiña abrazouno moi forte, cortouno en dúas partes) usando imaxes do propio conto que representes estas frases. Xogar a que un neno ou nena colle ao chou unha imaxe e ten que repetir a frase que se lle adxudica.

4- Traballar o formato receita co biscoito e facelo. Serve ademais para traballar a secuenciación se se fotografía o proceso.


Pódese visionar o vídeo da galiña envorcallándose na terra cos seus pitos e o da galiña dando de comer aos seus  pitos para provocar a conversa espontánea